A Tenda do Té é un pequeno establecemento de Allariz dedicado a ofrecer aos seus clientes e clientas o mellor servizo de asesoramento e distribución de tés, cafés e outras infusións cun trato cercano e personalizado. Dende o ano 2011, estamos establecidos na nosa tenda na Rúa Ferreiría 4, ao lado do Roi Xordo en Allariz.


Axudámoste a atopar o que buscas ou, incluso, a averiguar o que buscas. Se queres unha infusión para durmir, para o mal de estómago ou para levantarte o ánimo vén onda nós e che expicarémos que é o que precisas. Temos máis de mil referencias para dar solución ás túas necesidades.

A Tenda do Té

Rúa Greco, 2

32002 Ourense

988247254