MACELA
 

Emprégase como calmante nervioso, antiespasmódico, tónico e dixestivo.
Recoméndase para tratar a gastrite, os cólicos, as dixestións pesadas e os gases, así como os problemas de fígado, os parasitos e a inapetencia.
Tamén ten compoñentes antiinflamatorios e recoméndase fronte a dores menstruais.
Por vía externa igualmente cura a conxuntivite, os eccemas e a inflamación das enxivas.

TILA
Recoméndase para paliar a ansiedade e o insomnio pola súa capacidade sedante e para arrefriados, tose irritativa e síntomas gripais, así como para a asma. Tamén combate a hipertensión, a arterioesclerosis, as xaquecas e os espasmos gastrointestinais. É lixeiramente diurética e hipotensora. Facilita a dixestión. En uso externo destacan as súas propiedades relaxantes en baños.

POEXO MENTA
É rico en aceite esencial, polo que o converte nun estimulante do apetito. Ademais é ideal para combater os espasmos gastrointestinais e as dixestións pesadas e lentas
Estimula o útero provocando unha menstruación máis abundante, polo que non se debe abusar desta planta e menos durante o embarazo. Externamente utilízase para cicatrizar feridas e aliviar comechóns..

TÉ TURCO
Esta bebida achega daucina, pectina, pirrolidina e vitaminas B1, B2. A mazá é un importante antiinflamatorio do aparato dixestivo, antiácida, antidiarreica, diurética e depurativa. Utilízase tamén como anticatarral polos seus valores expectorantes. Tamén contén fósforo e fibra soluble, polo que axuda ao control do colesterol. É hipertensora e sedante.

CECIMBRE
O cecimbre contén mentol, unha substancia que actúa sobre os nervios que transmiten a sensación de dor amortecéndoa.
É útil para calmar cambras musculares e tamén para as dores menstruais. Ademais en infusión recoméndase para favorecer as dixestións lentas, e para combater os gases intestinais, a acidez, o estrinximento e a inflamación do fígado.

EUCALIPTO
É un coñecido remedio para curar afeccións pulmonares e enfermidades afíns, como catarros e ataques de asma. Adxudícanselle tamén propiedades relaxantes.
A esencia de eucalipto ten propiedades expectorantes e antiinflamatorias.
Os remedios con eucalipto poden prepararse en forma de tisanas, infusións, bafos ou baños.

MENTA
A menta favorece a circulación sanguínea xa que actúa como vasodilatador. Resulta beneficiosa fronte a inapetencias, dispepsias, gases gástricos, colecistopatías, tose, arrefriados, sinusite, vómitos, xaquecas, dismenorreas e fatiga.
Ademais é ideal para estimular a dixestión e favorecer unha correcta actividade gástrica, e ten propiedades para paliar as doenzas hepáticas.

COLA DE CABALO
Contén sílice, potasio e vitamina C. Ten acción antihemorráxica, cicatrizante, antifúnxica, diurética, astrixente e remineralizante.
Tamén se recomenda en procesos dexenerativos da pel ou de caída do cabelo.

DENTE DE LEÓN
É un estimulante da función hepática biliar e recoméndase para tratar a hepatite e a cirrose. Atribúenselle propiedades depurativas e hepatoprotectoras, ademais de efectos diuréticos. É recomendable para o colesterol e o ácido úrico. Ademais contén unha gran cantidade de ferro.

XENXIBRE

Destaca polas súas propiedades estomacais. Facilita a dixestión e a mobilidade intestinal e combate a obesidade.
Tamén resulta beneficioso fronte ao catarro polas súas propiedades expectorantes e desconxestivas e porque alivia as doenzas de garganta.
Antigamente os mariñeiros utilizábano para evitar os mareos en alta mar.

MELISA
Utilízase como relaxante nervioso para combater o estrés, a angustia, o insomnio e os problemas físicos de natureza nerviosa, como taquicardias ou espasmos musculares.

PASIFLORA
A pasiflora é un dos remedios máis recomendados contra o insomnio, provoca un sono natural e reparador. O seu efecto sedante calma os nervios e relaxa o organismo. Actúa tamén contra os problemas nerviosos relacionados coa menopausa e a síndrome premenstrual. Por outra parte clama a dor e utilízase en caos de hipertensión arterial.
É incompatible co consumo de drogas e alcohol, e as mulleres deben evitala durante o embarazo e lactación.

VERBENA
Utilízase para curar o insomnio. Tamén se recomenda para tratar as cefaleas e as dores menstruais, infeccións leves e parasitos intestinais (lombrigas). Non se recomenda para embarazadas.

REGALICIA
Tomado en infusión a regalicia axuda a neutralizar a acidez e alivia o malestar de estómago tras unha comida copiosa, axuda a eliminar gases e alivia o estrinximento. É moi útil para aliviar algúns síntomas da menopausa, como son os sufocos. 
Debido ao seu carácter doce, a regalicia é un bo aliado na cociña, tanto como substituto doutros edulcorantes noutras infusións por exemplo, como na elaboración de salsas para pratos de carne.
A nivel externo, a regalicia utilízase para aliviar a psoríase e como regulador do cabelo graxo e a caspa. Ademais é un bo afrodisíaco. Xa vedes, non ten desperdicio.

HERBALUISA
Moi útil para expulsar os gases do aparato dixestivo, evitando as flatulencias e a aerofaxia. Facilita as dixestións en estómagos débiles ou nerviosos, evitando as malas dixestións acompañadas de gases, sensación de vómitos e ardor de estómago.
Tamén ten propiedades relaxantes polo que é adecuada para relaxar e tonificar os nervios.